27º Certame de narración breve "Manuel Murguía"

 27º Certame de narracións breves Manuel Murguía

BASES:

-Poderán concorrer todas as autoras e autores que o desexen cunha única obra, de temática libre e escrita en lingua galega.
-Os relatos, que deberán ser orixinais e inéditos, en calquera soporte (papel, electrónico, etc.), deberán ofrecer unha extensión non inferior a 15 páxinas nin superior a 30,
estar escritos con letra arial, corpo 12 e tamaño DIN A4
-Os traballos presentaranse por cuadriplicado, mecanografados a doble espazo, por unha soa cara e só co título da obra e un lema. Xuntarase unha copia do texto nun CD en formato LibreOffice, Word ou similar. -Nun sobre pechado achegaranse o título, o lema, o nome, o enderezo, o teléfono e o currículo do autor ou autora.
-As obras deberán enviarse facendo constar no sobre “27º Certame de Narracións Breves Manuel Murguía” antes do 15 de febreiro de 2017 ao seguinte enderezo(Concello de Arteixo Praza Alcalde R Dopico, nº 1 15142 Arteixo A Coruña)
-Establécense tres premios: un primeiro premio dotado con 4.000 €, un segundo de 500 € e un terceiro de 300 €, todos eles sometidos á correspondente retención. Os galardóns poden declararse desertos.
-O xurado, constituído por membros de recoñecida solvencia, será designado polo Concello de Arteixo e fará pública a súa decisión inapelable no mes de maio de 2018.
-Os tres finalistas deberán estar presentes o día da entrega para recibir os premios.
-Os orixinais non premiados poderán ser devoltos, sempre que o soliciten os seus autores por escrito no   prazo máximo dun mes a partir do ditame.
No caso de que o Concello edite os textos en papel, os dereitos derivados de tal publicación poderán ser aboados mediante a entrega dun número de exemplares calculado a tal efecto. Os autores farán constar en edicións en papel ou electrónicas posteriores da súa obra que foi premiada neste certame.

http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/12804-27-certame-de-narracions-breves-manuel-murguia

Comentarios

Publicar un comentario