"Europa, un patrimonio de todos"

Concurso de fotografía “Europa, un patrimonio de todos”
As Institucións Europeas en España, en colaboración coa Subdirección Xeral de Cooperación e Promoción da Cultura do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte ( MECD), convocan o concurso "Europa, un patrimonio de todos" con motivo da celebración en 2018 do Ano Europeo do Patrimonio Cultural.
Ten a finalidade de implicar aos cidadáns europeos, residentes en España, nos obxectivos do Ano europeo:
-O intercambio e a valoración do patrimonio cultural de Europa como recurso compartido,              concienciar sobre a importancia da nosa historia e os nosos valores comúns, reforzar o sentimento de pertenza a un espazo común, sensibilizar acerca da nosa historia e fomentar o diálogo intercultural.

BASES DO CONCURSO.
 -Cada participante poderá presentar unicamente unha fotografía, que deberá enviar en formato (JPG/ JPEG) a: concursofotoseuropa@asecom.es xunto co formulario de inscrición debidamente cumprimentado e en formato (JPG/JPEG/PDF).
-As fotografías deberán ir acompañadas dun título e dun breve texto explicativo (máximo 200 palabras) sobre a imaxe retratada e o motivo da súa elección
-Os traballos poderán enviarse ata o 19 de febreiro de 2018 acompañado do formulario de inscrición debidamente cumprimentado.
-A participación se lle permite a calquera cidadán europeo maior de 18 anos residente en España, o cal poderá presentar unicamente unha fotografía que deberá mostrar espazos de interese, tradicións, costumes, arte, folclore, gastronomía, etc., pertencentes a calquera lugar da UE e, ademais, ten que contribuír a sensibilizar á opinión pública respecto dun dos nove aspectos explicados nas bases do concurso.

Comentarios