Curso de adaptación da actividade física e deportiva para o exercizo profesional do socorrismo en instalacións acuaticas


A Academia Galega de Seguridade Pública convoca cursos de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en instalacións acuáticas (CAFDO-IA) e en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN), para licenciados ou graduados en Ciencias da Actividade Física e o Deporte e técnicos superiores en Animación de Actividades Físicas e Deportivas, co obxectivo de acadar a formación mínima que deben reunir os/as socorristas acuáticos/as para o seu exercicio profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Os cursos convocados realizaranse na Academia Galega de Seguridade Pública (r/ Cultura, s/n, A Estrada, Pontevedra)
 Curso de adaptación da actividade física e deportiva para o exercicio profesional do socorrismo en instalacións acuáticas na Comunidade Autónoma de Galicia (CAFDO-IA) Proba específica: 2 de abril ás 11.00 h Datas do curso: 6, 7, 8, 13, 14, 15, 20, 21, 22 de abril Data finalización prácticas: 30 de xuño Horario: Venres (tardes). Sábados (mañás e tardes). Domingos (mañás e tardes)
Curso de adaptación da actividade física e deportiva para o exercicio profesional do socorrismo en espazos acuáticos naturais na Comunidade Autónoma de Galicia (CAFDO-EAN) Proba específica: 7 de maio ás 11.00 h Datas do curso: 11, 12, 13, 18, 19, 20, 25, 26, 27 de maio e 1, 2, 3 de xuño Data finalización prácticas: 30 de xuño Horario: Venres (mañás e tardes). Sábados (mañás e tardes). Domingos (mañás) .
O prazo de inscrición estará aberto ata o 21 de marzo de 2018
Enlace

Comentarios