XIII Premio de banda deseñada “Castelao”


A Deputación da Coruña convoca o XIII Premio de banda deseñada “Castelao”
Poderán participar todas as persoas, maiores de idade, de calquera nacionalidade, que non fosen premiadas nas edicións anteriores, e que presenten narracións en banda deseñada escritas en lingua galega, inéditas e non premiadas en ningún outro premio o certame.
As obras presentadas poderán ser escritas e debuxadas, cada unha delas, por un máximo de dous autores (un como guionista e outro como debuxante).
Establécense dous premios dotados con 6.500 € cada un deles, para cada unha das seguintes categorías:
a) Modalidade Xeral:  Para todo tipo de lectores
b) Modalidade LIX:  Especialmente dirixido ao lector infantil
A Deputación publicará a/s obra/s premiada/s, reservándose durante un prazo de dezaoito meses os dereitos de editala, e entregará ao gañador trinta exemplares.
A temática das obras será libre, podendo tratarse dunha historia única ou dun conxunto de historias.
O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata 15 de xuño de 2018.
Máis información no BOP da Coruña do 24 de abril de 2018 e en : www.dicoruna.es/cultura/premios/castelao

Comentarios