Queres estudar ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño?



A Consellería de Educación publica as normas para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2018-2019.
1. Acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao medio.
Requisitos:
a) Dispor do título de graduado en ESO e superar unha proba específica.
b) Os aspirantes que non dispoñan do título de ESO, deberán ter cumpridos os 17 anos e superar a proba de madureza ademais da correspondente proba específica.
c) A proba de madureza poderase substituír por:
– Pola proba de acceso a ciclos formativos de grao medio ou de grao superior de formación profesional.
– Pola proba de madureza de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou de grao superior de ensinanzas deportivas.
– Pola proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
– Pola proba de acceso substitutiva do requisito de titulación para as ensinanzas artísticas superiores, ou para as ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao superior.
2. Acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao superior.
Requisitos:
a) Dispor do título de bacharelato e superar unha proba específica.
b) As persoas aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato deberán ter feitos os 19 anos, ou os 18 anos no caso de que acrediten estar en posesión dun título de técnico en artes plásticas e deseño da mesma familia profesional artística ca aquel a que pretenden acceder, e superar a proba de madureza ademais da correspondente proba específica.
c) A proba de madureza poderase substituír pola superación dalgunha das seguintes probas:
– Pola parte común da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional.
– Pola proba de madureza de acceso aos ciclos formativos de grao superior de ensinanzas deportivas.
– Pola proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
– Pola proba de acceso substitutiva do requisito de titulación para as ensinanzas artísticas superiores.
Acceso directo:
1. Estará exento de realizar a proba específica de acceso ao grao medio das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño:
a) Quen estea en posesión dun título de técnico ou técnico superior de Artes Plásticas e Deseño dunha familia profesional relacionada co ciclo formativo o que se pretende acceder ou título declarado equivalente.
b) Quen teña superados os cursos comúns de artes aplicadas e oficios artísticos dos plans de estudos establecidos polo Decreto 2127/1963, do 24 de xullo, ou os establecidos con carácter experimental ao abeiro do Real decreto 799/1984, do 28 de marzo, sobre regulación de experiencias en centros de ensinanzas artísticas, así como polo Real decreto 942/1986, do 9 de maio, polo que se establecen normas xerais para a realización de experimentacións educativas en centros docentes.
2. Estará exento de realizar a proba específica de acceso ao grao superior de ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño quen estea en posesión dun título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño dunha familia profesional relacionada co ciclo a que se pretende acceder ou título declarado equivalente.
3. Estará exento de realizar a proba específica de acceso aos graos medio e superior das ensinanzas de Artes Plásticas e Deseño quen estea en posesión dalgunha das seguintes titulacións:
a) Título de bacharelato, modalidade de Artes, ou de bacharelato experimental.
b) Título superior de Artes Plásticas ou título superior de Deseño, nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.
c) Título superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais, nas súas diferentes especialidades.
d) Licenciatura ou grao en Belas Artes.
e) Arquitectura ou grao en Arquitectura.
f) Enxeñaría técnica en Deseño Industrial ou grao en calquera especialidade de Deseño Industrial.
4. Así mesmo, estará exento de realizar a proba específica de acceso ao grao medio e superior de Artes Plásticas e Deseño quen acredite ter experiencia laboral, de polo menos un ano, relacionada directamente coas competencias profesionais do ciclo ao cal se queira acceder, para o cal presentará a seguinte documentación: Certificación da empresa onde adquiriu a experiencia laboral en que conste a natureza e duración concreta da actividade realizada.
Prazo: 
A inscrición farase na secretaría da Escola de Arte e Superior de Deseño pública elixida en primeiro lugar na cal se impartan as correspondentes ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño.
Ata o 25 de xuño para os ciclos de grao superior
Ata o 6 de setembro para os ciclos de grao medio
Desenvolvemento das probas:
a) Probas de acceso ao grao medio: 
Proba de madureza: 10 de setembro.
Proba específica: 14 de setembro.
b) Ciclos de grao superior:
Proba de madureza: 3 de xullo.
Proba específica para todas as familias profesionais: día 10 de xullo.
Máis información no DOG 22 de maio de 2018
Modelos de probas e máis información: http://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/110/all

Comentarios