Conectados Sumanos


A Fundación Galicia Europa organiza, coa colaboración dos socios do proxecto Catalizador de Oportunidades de Emprego e Emprendemento Xove Transfronteirizo LIDERA, organiza a Xornada Conectados Sumamos. No evento, que terá lugar o próximo 17 de decembro no espazo La Molinera (Ourense) a partir das 10 da mañá, presentaranse as conclusións das actividades de LIDERA desde 2017, presentarase a Revista cos logros acadados polos participantes e desenvolveranse diferentes actividades para a promoción do emprego e emprendemento xove na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
PROGRAMA
10:00 Recepción de asistentes
10:30 Presentación do proxecto LIDERA
11:00 Intervención dos representantes públicos
11:30 Presentación de Conectados Sumamos: revista e caderno
12:15 Espazo Networking: café
13:15 Relatorio inspiradora: ”A cooperación transfronteriza como fiestra ao futuro”
13:30 Espazo Networking: almorzo
14:30 Xogos e dinámicas sobre cooperación transfronteiriza
15:00 Casos de boas prácticas
15:30 Talleres para preparar unha presentación da túa/vosa idea ou proxecto
16:30 Espazo Networking: café e mentorías para ultimar as exposicións
17:15 Batalla de Presentacións
18:15 Dinámica de gamificación de cooperación transfronteiriza
18:30 Conclusións e entrega de premios a las mellores presentacións
19:00 Clausura

Proxecto LIDERA

O obxectivo do proxecto LIDERA é dar a coñecer aos participantes as diferentes opcións de programas que existen na Unión Europea para financiar proxectos de cooperación transfronteiriza.
Estas xornadas encadranse na actividade ”Cataliza”, que ten como obxectivo mellorar, potenciar e impulsar a viabilidade dos proxectos e ideas da xuventude a través de asesoría individual, formación personalizada e coaching persoal.
O proxecto LIDERA, conta cun financiamento europeo de 1,4 millóns de euros e unha duración de catro anos. Co obxectivo de promover o desenvolvemento económico transfronteirizo en Galiza e na Rexión Norte de Portugal a través do fomento das capacidades laborais e de emprendemento da mocidade, as actividades impulsadas están orientadas a luchar contra o desemprego xuvenil, a fuga de talento e conceder as ferramentas necesarias para que este colectivo sexa un motor do impulso económico destas rexións.

Inscricións e información:  http://fundaciongaliciaeuropa.eu/noticias_ver.asp?idSeccion=239&idTema=335&idNoticia=4728#.XfNXu2dvRet

Comentarios