XVII Concurso de debuxo, Defensor do Pobo

Co fin de promover o coñecemento dos Dereitos Humanos entre os escolares españois, o Defensor do Pobo de España, coa colaboración da ONG Globalización dos Dereitos Humanos, convoca o  XVII Concurso escolar de debuxo, Defensor do Pobo 2019-2020.

Para poder participar no concurso cada alumno deberá presentar un debuxo orixinal, con calquera material ou técnica, relativo aos dereitos humanos. O debuxo presentarase nunha folla de papel de tamaño A4.

Os traballos candidatos ao premio faranse chegar antes do 4 de abril de 2020, á seguinte dirección postal: Apartado de correos 15020 - 46018 Valencia.

  • Requisitos 
Poderán participar todos os alumnos de ensinos Primaria e Secundaria de España, así como de Educación Especial.

  • Dotación
 Establécense tres premios para Primaria e tres para Secundaria, e un para Educación Especial, consistentes nun computador portátil para cada gañador.

  • Mas información: 
https://www.defensordelpueblo.es/edicion-premio/xvii-edicion-concurso-escolar-dibujos/?seccion=bases&edicion=xvii.%20curso%202019-20  

Comentarios