certificación de competencias dixitais


A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia fai unha convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación.

Destinatarios: Persoas maiores de 16 anos ou que os fagan antes do remate do prazo de inscrición.
Organización do curso
- Número de prazas: 180.
- Duración: 12 semanas (190 horas lectivas).
- Modalidade: teleformación titorizada a través da plataforma EMA da rede CeMIT.
- Datas de realización: do 2 de marzo ao 24 de maio de 2020.


Contido
- Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (30 horas).
- Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer (30 horas).
- Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc (50 horas).
- Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base (50 horas).
- Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress (30 horas).


O temario para a avaliación será o descrito no módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» (190 horas), asociado á unidade de competencia UC0233_2 Manexar aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación, do Catálogo nacional de cualificacións.

As persoas que desexen participar nas probas presenciais deberán inscribirse a través da internet na páxina web de CeMIT https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/30883
É necesario darse de alta como usuario/a da rede CeMIT. Nesta alta previa é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.


O prazo estará aberto ata o 10 de outubro.
 

Máis información no DOG do 3 de febreiro de 2020

Comentarios