Emprega Xuventude 2020







A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca o programa Emprega Xuventude coa finalidade de facilitar a inserción laboral das persoas mozas menores de 30 anos desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para permaneceren no mercado de traballo, favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade.

Dous tipos de axuda compatibles:

- Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial e a temporal.

- Bono de formación (opcional), dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.


Prazos:

O prazo para a presentación das solicitudes de axudas estará aberto ata o 30 de setembro de 2020.  

Máis información no DOG do 7 de xaneiro de 2020 e en:

Comentarios