1º Premio Arturo Álvarez de novos talentos

1º Premio Arturo Álvarez de novos talentos

Desde a compañía de deseño e fabricación de luminarias Arturo Álvarez poñen en marcha o 1º Premio Arturo Álvarez de Novos Talentos.
O reto consiste en deseñar
unha lámpada decorativa de interior.
PREMIO
Haberá un só gañador ou gañadora. O premio consistirá en: 2500 €
A posibilidade de facer realidade a túa creación. O teu nome como autor ou autora do deseño será mencionado en todas as publicacións da empresa (catálogo, páxina web, folletos…) respectando en todo momento a autoría intelectual do deseño.
Viaxar a Milán con Arturo Álvarez para presentar as novas creacións da marca na “Fera do  Mobile  Euroluce” na primavera de 2019. Inclúe billete de avión de ida e volta, dúas noites de hotel e entrada á feira.



Para saber máis : http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/12846-1-premio-arturo-alvarez-de-novos-talentos

Comentarios