Encontro mostra transfronteiriza da xuventude emprendedora

Auditorio de Ferrol, 16 de decembro de 2017

 

 A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pon en marcha EMOTRAXE, un espazo de encontro e de aprendizaxe para que a xuventude poda compartir experiencias e emocións á vez que amosar publicamente as súas vivencias de participación, compromiso social e de emprendemento.

Emotraxe pretende ser un espazo a disposición da xuventude no que mozos e mozas e axentes públicos e privados trasladen os seus proxectos en distintos ámbitos, co fin de xerar ilusión e contaxiar do seu espírito emprendedor e comprometido.

O encontro estará aberto a mozas e mozos emprendedores, membros de asociacións xuvenís  e  entidades prestadoras de servizos á xuventude, persoas participantes en actividades de voluntariado, mozas e mozos membros de grupos informais, técnicos/as de xuventude, informadores/as xuvenís, educadores/as, mediadores/as xuvenís e todas as mozas e mozos con espírito de iniciativa e persoas interesadas na materia.

Emotraxe facilitará a cada entidade xuvenil que o desexe un espazo para a exposición de ideas, actividades e proxectos, con zona de stands dos diferentes colectivos participantes.

A organización farase cargo dos traslados necesarios das persoas que se inscriban, poñendo á súa disposición distintas liñas de transporte, sempre que haxa unha cota mínima de participantes para cada liña.

As inscricións poderán realizarse en liña a  través deste formulario ata o día 10 de decembro.

Mási información:  http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/12797-emotraxe

Comentarios