Premios extraordinarios FP Grado Superior

Premios extraordinarios de formación profesional de grao superior
A Consellería de Educación convoca premios extraordinarios de formación profesional para o alumnado que realizou estudos de formación profesional de grao superior no curso 2016/17 nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia e que os rematou no ano 2017.

Poderanse conceder ata 23 premios extraordinarios, un por cada familia de formación profesional de grao superior que se imparte na Comunidade Autónoma de Galicia.
Poderá optar aos premios extraordinarios de formación profesional o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:
1. Ter cursados estudos de formación profesional de grao superior no curso 2016/17 nalgún centro educativo da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, e telos rematados no ano 2016.
2. Ter obtido unha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,50.
A dotación para os premios será de 850 € por premio.
O prazo para optar aos premios estará aberto ata o 15 de marzo de 2018.
A inscrición pode facerse en https://sede.xunta.es co procedemento ED311B
Máis información no DOG do 15 de febreiro de 2018 e en http://www.edu.xunta.es/premiosfp
http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/13361-premios-extraordinarios-de-formacion-profesional-de-grao-superior

Comentarios