Título de bacharel para persoas maiores de 20 anos


 Título de bacharel para persoas maiores de vinte anos


A Consellería de Educación convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos.
Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2017.
b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.
c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2017/18.

Os centros onde se pode presentar as solicitudes son os seguintes:
a) Centro EPA Eduardo Pondal, rúa da Educación, 3-2º andar, 15003 A Coruña.
b) IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
c) Centro EPA Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003 Lugo.
d) Centro EPA de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor, 4, 32002 Ourense.
e) Centro EPA Río Lérez, avenida de Bos Aires, 26, 36002 Pontevedra.
f) Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8-1º, 36202 Vigo.
O prazo de presentación das solicitudes será entre o 23 de febreiro e o 9 de marzo de 2018.
A proba realizarase o día 20 de abril de 2018 en sesións de mañá e tarde no IES San Clemente de Santiago de Compostela.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED534A
Máis información no DOG do 23 de xaneiro de 2018 e en http://www.edu.xunta.es
http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/13177-titulo-de-bacharel-para-persoas-maiores-de-vinte-anos

Comentarios