Programa Prensa-Escuela. IV Concurso de relatos.


Desde Prensa-Escuela invitámoste a participar na IV edición do Concurso de Microrrelatos na que os participantes deben seleccionar unha noticia de www.lavozdegalicia.es e, inspirándose nela, escribir un microrrelato de non máis de 800 caracteres. O certame estará aberto a todos os alumnos de 5.º e 6.º de Primaria, ESO, Educación Especial, Bacharelato e Formación Profesional de todos os centros de Galicia. O concurso desenvolverase a través da páxina en Facebook de Prensa-Escuela (facebook/ programaprensaescuela) e o prazo de presentación dos traballos finalizará o mércores 21 de marzo. Accede aquí ao concurso en Facebook

Comentarios