Campamentos para a mocidades en verán

O programa Conecta con Galicia desenvolverase na modalidade de aire libre:
 Convócanse 174 prazas, para mozos e mozas residentes fóra de Galicia, con idades comprendidas entre os 14 e os 20 anos, en dúas quendas de 12 días de duración cada unha, durante o mes de xullo, en residencias e albergues xuvenís situados en Galicia dependentes da Dirección Xeral de Xuventude, para a realización das seguintes actividades:
 - Cultura e camiño. As persoas participantes aloxaranse seis días, preferentemente, nas residencias xuvenís LUG II en Lugo e Florentino López Cuevillas en Ourense, participarán en actividades para coñecer o patrimonio histórico cultural das respectivas zonas e percorrerán o Camiño de Santiago en diferentes etapas ata chegar a Compostela.
- O mar de Galicia. Os seis días restantes aloxaranse en zona de costa, preferentemente, no albergue xuvenil Gandarío en Bergondo (A Coruña), onde realizarán actividades de náutica, de recreo e de coñecemento do medio mariño. Requisitos das persoas participantes:
-Ter residencia habitual fóra de Galicia.
-Ter nacido en Galicia ou ser descendente de persoa emigrante galega.
-Ter nacionalidade española. Estar vinculado con calquera concello galego no censo electoral de residentes ausentes, para aquelas persoas solicitantes que teñan 18 ou máis anos. Este requisito non será exixible aos participantes procedentes do resto de España.
-Non ter participado en edicións anteriores deste programa.
-Para as prazas financiadas ao 100 % da axuda da viaxe, as persoas solicitantes non poderán contar con ingresos superiores a dúas veces o salario mínimo interprofesional no país de residencia.
-Para as prazas financiadas ao 50 % da axuda da viaxe, as persoas solicitantes non poderán ter ingresos superiores a catro veces o salario mínimo interprofesional no país de residencia.

-O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 4 de maio de 2018: As solicitudes poden tramitarse en na páxina web da xunta co procedemento PR930A.
Para máis información, deixo o enlace da noticia para que poidades consultala http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/13781-conecta-con-galicia-para-a-mocidade-da-galicia-exterior

Comentarios