Campamentos de Verán 2018


A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta a programación de actividades da Campaña de Verán 2018
Servizos ofertados:
a) Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación do/a mozo/a.
b) Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.
c) Manutención en réxime de pensión completa.
d) O material necesario para a actividade.
e) Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Así mesmo, e para o caso das persoas con necesidades especiais que por razón da súa discapacidade precisen apoio, disporase de persoal que conte con formación e experiencia para atender as súas necesidades.
f) Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.
g) Nas actividades desenvolvidas noutras comunidades autónomas inclúese o transporte desde Santiago de Compostela, ou lugar que se sinale como punto de saída, ata o lugar de destino, así como o retorno ata Santiago de Compostela.
A incorporación aos campamentos e albergues de Galicia será por conta da persoa interesada o día de inicio da quenda correspondente, entre as 15:00 e as 17:00 horas.
Cando a incorporación aos campamentos e albergues teña lugar fóra de Galicia, será por conta da persoa interesada o traslado desde o seu domicilio ata Santiago de Compostela, ou o lugar que se sinale como punto de saída, tanto o día de ida para a actividade como o día de chegada.
Poden solicitar a súa participación nas actividades ofertadas nesta convocatoria as persoas mozas galegas residentes en Galicia. Ningún/ningunha participante poderá ser admitido/a en máis dun campamento por ano.
Idades:
En canto á idade mínima e máxima para participar na Campaña de verán 2018, cómpre destacar o seguinte:
a) As persoas nacidas no ano 2000 non poderán facer os 18 anos antes da finalización do campamento.
b) As persoas nacidas no ano 2009 deberán ter feitos os 9 anos ao inicio do campamento.
Prazo:
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ato o 18 de maio de 2018
Máis información no DOG do 25 de abril de 2018
Para ver máis informacion click no seguinte enlace :  http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/13968-campana-de-veran-2018

Comentarios