Prazas nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo


A Consellería de Educación convoca prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2018/19.
Requisitos:
Alumnado que no curso académico 2018/19 inicie ou continúe estudos postobrigatorios non universitarios en centros docentes públicos ou privados concertados, situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo.
A persoa solicitante deberá estar matriculada nunha concreta modalidade dun nivel educativo ou nunha familia profesional ou especialidade dun ciclo formativo, que:
a) Non se imparta en ningún centro sostido con fondos públicos da localidade de residencia habitual da unidade familiar á cal pertenza.
b) Tampouco se imparta nunha localidade que, pola súa proximidade á de residencia habitual ou polos medios de comunicación dispoñibles, permita o desprazamento diario con facilidade.
Excepcionalmente, poderán ser eximidos deste requisito os solicitantes nos cales concorran circunstancias persoais ou familiares moi graves debidamente xustificadas.
As prazas poden ser gratutitas ou bonificadas:
A praza de residencia será gratuíta: Cando a renda da unidade familiar sexa igual ou inferior ao limiar 2 fixado polo Ministerio de Educación (Boletín Oficial del Estado núm. 174, do 22 de xullo).
Bonificadas: cando a renda da unidade familiar sexa superior ao limiar 2, a persoa adxudicataria deberá aboar anualmente as seguintes cantidades:
a) Ata un 10 %: 558,61 €.
b) Máis do 10 % e ata un 20 %: 856,6 €.
c) Máis do 20 % e ata un 30 %: 1.375,07 €.
d) Máis do 30 %: 2.040,23 €.
O limiar 2 de renda familiar para o curso 2017-2018:
Familias dun membro: 13.236
Familias de dous membros: 22.594
Familias de tres membros: 30.668
Familias de catro membros: 36.421
Familias de cinco membros: 40.708
Familias de seis membros: 43.945
Familias de sete membros: 47.146
Familias de oito membros: 50.333
Prazos:
a) Para os solicitantes matriculados en Bacharelato ata o 13 de xullo de 2018.
b) Para os solicitantes matriculados en ciclos formativos ata o 8 de agosto de 2018.
As solicitudes están dispoñibles en http://sede.xunta.es co procedemento ED306A
Máis información no DOG do 8 de xuño de 2018 e nos CRD:

Comentarios