Como todos os anos a Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado, pon en marcha o Pasaporte Solidario, un pasaporte individual para todo o alumnado de Primaria e da ESO de Galicia. Contén actividades sinxelas, doadas de desenvolver tanto no centro como fóra del.
O principal obxectivo do programa é promover valores de solidariedade, participación, compromiso social e voluntariado entre a comunidade educativa (pais, nais, profesorado e alumnado), e favorecer que os e as escolares se comprometan como voluntarios e voluntarias, a través dunha metodoloxía activa e participativa que fomente o traballo en equipo e achegue o alumnado á realidade do voluntariado.
Hai dous niveis de pasaporte, un individual e outro específico e tres pasaportes solidarios distintos:
1.-Nivel A: Para o alumnado que non o cubriu anteriormente.
2.-Nivel B: Para o alumnado que o fixo outro ano.
3.-Camiño de Santiago: Pasaporte específico dedicado ás rutas xacobeas.
Prazo: dentro do curso escolar.
Para máis información accede a páxina da xunta
Comentarios
Publicar un comentario