Campaña #AmorNOesControl


#AmorNOesControl 

As fundacións ONCE, Legálitas e "Deporte Joven" presentaron a campaña #AmorNOesControl, que pretende identificar diferentes condutas delituosas, relacionadas coa ciberviolencia de xénero entre adolescentes, co obxectivo de que eles mesmos as recoñezans, non as permitan e as denuncien.

A campaña identifica con exemplos reais algúns delitos que se tramitan nos xulgados de violencia sobre a muller, por exemplo:

- O delito de descubrimento e revelación de segredos que se dá co acceso ao WhatsApp ou calquera outra rede social ou chat da parella ou ex parella, por ter hackeado o contrasinal ou simplemente por espiala.

- O ‘stalking’ ou espreita relaciónase cunha persecución intrusiva a unha persoa coa que se pode establecer o contacto persoal en contra da súa vontade ou para que outros contacten con ela en contra da súa vontade, servíndose das novas tecnoloxías.

- O ‘sexting’ consiste na difusión de imaxes ou vídeos que afectan á intimidade ou a honra da vítima, neste caso parella ou  exparella. O que se sanciona é a difusión dese contido, polo que o delito cométese, aínda que o contido se obtivera con consentimento da vítima, se se difunde contra a súa vontade.

Todas estas condutas poden ser delito e están recollidas nunha serie de vídeos cos que a campaña #AmorNOesControl quere contribuír a sensibilizar aos máis novos.

Déixobos por aquí a páxina web se vos queredes informar mellor sobre este proxecto 

http://www.amornoescontrol.com/ 

Comentarios