Palamento Xove 2019

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado ten aberto ata o vindeiro 21 de xaneiro o prazo para participar na décima edición do Parlamento Xove.

Está dirixido ao alumnado galego de 3º e 4º de ESO e de 1º e 2º de Bacharelato e en total poderán participar 48 equipos, 24 por cada categoría.consiste nunha competición na que os diversos equipos inscritos, formados por catro alumnos e un profesor que será o coordinador, investigarán, escribirán e debaterán sobre un tema formulado pola organización.

O programa realizarase en dúas fases: unha primeira clasificatoria, da que xurdirán oito equipos gañadores, e unha segunda na que estes equipos se enfrontarán nunha fase final. A dificultade da actividade está en que só cinco minutos antes de cada encontro dialéctico procederase ao sorteo da postura a adoptar por cada equipo, ‘a favor’ ou ‘en contra’, en relación á cuestión formulada..

Inscrición
Deberán enviar telematicamente o formulario de participación dispoñible na páxina web oficial da competición. 

Tema
''Deberiamos unificar as políticas de acollida de persoas refuxiadas en todos os estados membros da Unión Europea?''

Fases da competición
A competición terá dúas fases:
Fase clasificatoria:  os equipos debaterán entre si o/s día/s sinalado/s pola organización, coa temporalización e distribución de emparellamentos resultante do sorteo que se realizará publicamente o día anterior ao inicio dos debates, unha vez que se coñeza o número exacto de participantes. 

Fase final:  os 8 equipos mellor posicionados na fase clasificatoria debaterán sobre o tema proposto para esta final de eliminatoria directa. Faranse varios encontros (catro debates en cuartos de final, dous en semifinais e a final). As características dos debates serán as mesmas que na fase clasificatoria.

Premios
1) Os equipos gañadores do Parlamento Xove: unha viaxe para os/as cinco integrantes do equipo valorada en 5.000 €2) O equipo finalista: un agasallo a cada un dos/das cinco integrantes do equipo.
 

3) Os catro mozos e mozas integrantes de cada equipo gañador e finalista en cada unha das categorías participarán nunha fin de semana de ocio educativo organizada por Xuventude.
 

4) O equipo cuxo artigo de investigación fose o mellor valorado: un agasallo a cada un dos/das cinco integrantes do equipo.
 

5) Os/as integrantes do xurado poden facer mencións especiais daqueles/as oradores/as que lles parezan máis brillantes nas súas execucións considerando os criterios de avaliación establecidos. O alumnado distinguido con esta mención recibirá un diploma acreditativo emitido por Xuventude. 

Prazo para inscribirse: 21 de xaneiro de 2019 

-Máis información:  http://www.parlamentoxove.com/images/2019/bases_2019.pdf

Comentarios