Nova edición de Lingua de namorar 2019
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado presenta unha nova edición do certame en liña de mensaxes de amor en galego, Lingua de namorar 2019, dirixido a todas as mozas e mozos de 14 a 35 anos.
O obxectivo principal deste concurso, organizado conxuntamente coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, é dinamizar o uso da lingua galega entre os mozos e mozas nas súas relacións persoais e nas novas tecnoloxías, nomeadamente, na Internet e na mensaxería instantánea.
Para participar no concurso, só cómpre cubrir e enviar este formulario. Cada participante poderá enviar ata dúas mensaxes cunha extensión máxima de 350 caracteres.
Categorías de idade e premios
Establécense tres premios por cada unha das categorías de idade:
Categoría A (de 14 a 19 anos):
- 1° Tablet SPC Gravity PRO
- 2° Libro electrónico EareaderBQ Cervantes
- 3° Altofalante portátil DAEWOO
Categoría B (de 20 a 35 anos):
- 1° Ordenador portátil HP
- 2° Sistema de son NEVIR
- 3° Auriculares True Wireless Stereo DAEWOO
Prazos de participación e votación
O prazo para enviar as mensaxes remata o luns 28 de febreiro.
Do 1 ao 7 de marzo abrirase o período de votación. As persoas que desexen votar polas súas mensaxes favoritas deberán cubrir o formulario que se habilitará para o efecto.
As mensaxes gañadoras poderán consultarse nesta mesma páxina a partir do 18 de marzo.
Para máis información, podes consultar as bases do concurso.
Comentarios
Publicar un comentario