Subvencións culturais núsica, teatro e danza

Subvencións á música, ao teatro e á danza de Galicia

12 Feb 2019


    A Consellería de Cultura convoca subvencións a institucións sen fin de lucro e a entidades locais galegas para a organización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames musicais, teatrais, de danza e outras artes escénicas que teñan lugar no territorio de Galicia e que dediquen unha especial atención á programación e difusión da música, o teatro e a danza de Galicia.
    Beneficiarias
    a) Institucións sen ánimo de lucro.
    b) Entidades locais.
    As axudas, no ámbito das entidades locais, están dirixidas a concellos de Galicia, mediante solicitude individual ou mediante xestión compartida, a través da solicitude conxunta de agrupación ou asociación de concellos, as mancomunidades de concellos e consorcios locais de Galicia constituídos exclusivamente por concellos; así mesmo, poderán ser beneficiarias as entidades resultantes dunha fusión municipal.
    O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 12 de marzo de 2019.
    As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento CT215A
    Máis información no DOG do 12 de febreiro de 2019 e en https://www.cultura.gal/es

    Comentarios