Participantes para proxectos europeos en Italia e Portugal. Concello de Ribadavia



Participantes para proxectos europeos en Italia e Portugal

 O Concello de Ribadavia, a través da súa OMIX, Oficina Municipal de Información Xuvenil, está a organizar varios proxectos europeos para os que necesita participantes de calquera lugar de Galicia

PROXECTOS:

 1. HEY, "HERITAGE FOR THE EUROPEAN YOUTH" Búscanse 5 participantes + unha ou un "leader" para un Intercambio Internacional financiado polo programa Erasmus+ , en Alcoutim (Portugal) do 9 ao 19 de Agosto de 2019 (Incluidos días de viaxe).

 2. Servizo de Voluntariado Europeo en Italia (Erasmus +) 2 vacantes de Voluntariado Europeo en Turín (Italia) desde o 5 de setembro de 2019 e durante 12 meses, e acabando a actividade do proxecto o 31 de agosto de 2020. Prazo límite para presentar candidaturas o 19 de Abril.

 3. Proxecto de Erasmus + entre Balbriggan en Irlanda e Ribadavia: “Medieval Villas, sustainable development studies and town-twinning in the EU” A OMIX de Ribadavia colabora co seu Voluntariado Europeo (Salomé Moncorgé-Eliakim e Luca Milanesio) do programa Erasmus Plus na apartado audiovisual do proxecto que esta a promover Coláiste Ghlór na Mara e o IES O Ribeiro.

Tamén colaboran no proxecto a Fundación Festa da Istoria e a Oficina de Turismo de Ribadavia

 Aquí hai enlaces do blog onde podedes ver videos sobre o proxecto e coñecer mais sobre o mesmo: https://balbridavia0.blogspot.com/

 Interesadas e interesados escribir a omix.ribadavia@gmail.com

 Máis información na OMIX de Ribadavia
Teléfono: 988 477 101
omix.ribadavia@gmail.com
 Casa da Xuventude, Rua Porta Nova de abaixo 9. 32400 Ribadavia (Ourense). España

www.omixribadavia.wordpress.com

Comentarios