Canal de Whatsapp Xuventude

 


Se tes entre 18 e 30 anos seguro que sabes que podes beneficiarte de numerosos descontos en comercios, actividades de ocio e transportes grazas ao Carné Xove. Seguro que sabes que podes acceder a bolsas para os teus estudos, para realizar prácticas formativas en Europa e mesmo viaxes a países tan interesantes como Xapón. Seguro que tamén coñeces os premios, certames e concursos nos que recoñecemos a creatividade e o talento xuvenil. E, por suposto, sabes que tes ao teu alcance numerosas accións de voluntariado e que mesmo podes desfrutar de estadías de fin de semana no rural galego cargadas de aventuras... ¿Ou non o sabías?

Para poder sumarte a esta iniciativa precisamos o teu consentimento expreso, simplemente enviando un mail ao enderezo: xuventude-informacion.politicasocial@xunta.gal, indicándonos o teu número de móbil.

Mas información: http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/18129-canal-whatsapp-xuventude

Comentarios