Acción de Verán
A
Consellería de Política Social ofrece a posibilidade de que a xuventude
galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades
de educación non formal moi diversas: de carácter cultural, ambiental,
deportivo, de tempo libre, de voluntariado... que sirvan non só para
divertirse, senón tamén para o seu enriquecemento persoal e vital.
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado pretende facer realidade este obxectivo a través da Campaña de Verán 2019.
Así
mesmo, en aplicación do principio de transversalidade das políticas en
materia de discapacidade e co obxectivo de que a inclusión social sexa
unha realidade ao tempo que se favorece a interacción e a convivencia
entre toda a mocidade, na presente Campaña de Verán, as mozas e mozos galegos con discapacidade, en función das limitacións que presenten,
poderán decidir sobre a modalidade de participación á que desexan
optar: polo procedemento xeral ou polo procedemento das prazas
reservadas de inclusión.
A
Campaña de Verán está composta por diferentes áreas de participación,
que se desenvolven nos meses de xullo, agosto e setembro, tanto en
Galicia coma noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.
Comentarios
Publicar un comentario