
Sabes que a Chave 365 sirve para pedir electronicamente bolsas, campamentos, carné xove ou para calquer trámite ante a administración desde o teu teléfono móbil?
Queres saber que é a Chave 365 ou como funciona a sede electrónica da Xunta de Galicia?
A EGAP e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia organizan os E-martes para explicarcho.
O próximo E-martes terá lugar o vindeiro 3 de marzo.
O próximo E-martes terá lugar o vindeiro 3 de marzo.
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Rúa Madrid, 2-4. Santiago de Compostela.
Data: martes, 3 de marzo de 2020.
Horario: das 11.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 19.00 horas.
Duración: 6 horas lectivas.
Data: martes, 3 de marzo de 2020.
Horario: das 11.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 19.00 horas.
Duración: 6 horas lectivas.
A inscrición nesta actividade farase por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula
O prazo para a inscrición nesta actividade estará aberto desde as 8.00 horas do día 21 de febreiro ata as 23.55 horas do día 26 de febreiro de 2020.
Máis información nos teléfonos 981 546 239 e 981 546 241, chamando entre as 8.30 e as 14.30 horas.
Comentarios
Publicar un comentario