DESCONTO EXCLUSIVO PARA TITULARES DO CARNÉ XOVE NO PROGRAMA ELIXE GALICIA

http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/18424-desconto-exclusivo-para-titulares-do-carne-xove-no-programa-elixe-galicia

Cntravel ofrece un desconto do 5% no Programa Galicia Elixe Galicia, da Xunta de Galicia, para as persoas titulares de Carné xove.
Se te atopas entre os destinatarios (xente nova entre 18 e 30 anos ou familia con fillos menores de idade), podes participar no programa Galicia Elixe Galicia para pasar as mellores vacacións e disfrutar da paisaxe, o termalismo, o patrimonio cultural ou o turismo enogastronómico nas catro provincias galegas e, co teu Carné xove, beneficiarte dun desconto do 5% adicional no prezo do programa, que xa conta cunha subvención de ata o 40% por parte de Xunta de Galicia.  
Tes de prazo ata o 3 de marzo para solicitar a túa praza para viaxar en 2020. A promoción é válida tamén para viaxar en 2021 (as solicitudes para esta tempada realizarase entre o 1 e 30 de setembro).


¿Como facer a solicitude?
  • A través de sede.xunta.gal (formulario TU404)
  • Presencialmente, entregando o formulario en papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
  • Infórmate na túa axencia de viaxes de confianza (todas as axencias de Galicia están acreditadas para a comercialización do programa)
Consulta toda a información sobre os viaxes subvencionados do programa Galicia Elixe Galicia en: https://www.turismo.gal/que-facer/promocions-para-gozar-agora/elixe-galicia?

Comentarios