VIII Edición do Curso online Competencias Dixitais para Mulleres Novas

A Federación Mulleres Novas en colaboración coa Universidade de Alcalá de Henares lanza a súa VIII Edición do Curso online Competencias Dixitais para Mulleres Novas dentro do Programa para a Inserción Sociolaboral das Mulleres Novas.
Unha formación gratuíta para a obtención da European Computer Driving Licence, ECDL (Acreditación Europea do Manexo do Computador) a fin de superar os exames definidos a nivel internacional e idénticos en toda a Unión Europea.
A formación que será do 23 de marzo ao 29 de maio de 2020 está especialmente dirixida a todas aquelas mulleres novas (entre 18 e 35 anos), que residan en España e que por estar desempregadas, en procura do primeiro emprego ou con empregos precarios, queiran mellorar a súa situación laboral e profesional.
O curso realizarase a través da Plataforma do Campus de Formación da Universidade de Alcalá de Henares e consta de 8 módulos dun total de 140 horas cubrindo conceptos básicos da Tecnoloxía da Información tales como procesador de textos, folla de cálculo, presentacións, coñecementos fundamentais das aplicacións en liña, ferramentas de colaboración en liña e seguridade informática.
Para formalizar a inscrición será necesario realizar un ingreso de 25 euros en concepto de matrícula, importe que se devolverá de maneira íntegra a quen finalice a formación e asista ao exame ECDL (na Universidade de Alcalá de Henares cos gastos subvencionados).
Prazo de inscrición:  ata o 15 de marzo de 2020.
Requisitos:  Calquera muller nova (entre 18 e 35 anos) residente en España, que queira mellorar a súa situación profesional e laboral.
www.mujeresjovenes.org

Comentarios