Bono turístico #QuedamosenGalicia21

 

Bono turístico #QuedamosenGalicia21







    A Axencia Turismo de Galicia emite o Bono turístico #QuedamosenGalicia21.

    Este bono turístico consistirá nunha tarxeta prepagamento para a súa utilización nos establecementos e/ou para as prestacións turísticas ofertadas polas empresas adheridas ao programa Bono turístico #QuedamosenGalicia21 e que se atopan publicadas na web da Axencia Turismo de Galicia no portal promocional de Turismo de Galicia.

    Podrán solicitar o Bono turístico #QuedamosenGalicia21 as persoas maiores de idade, que estean empadroadas nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia.

    O Bono turístico #QuedamosenGalicia21 concíbese como unha tarxeta prepagamento de carácter persoal e intransferible, financiada entre o solicitante e a Administración autonómica. O importe total da tarxeta será financiado polo beneficiario nun 40 %, cun importe máximo de 200 euros, e contará cunha achega complementaria da Administración autonómica do 60 %, cun importe máximo por tarxeta de 300 euros.

    A persoa solicitante poderá elixir entre tres importes da tarxeta prepagamento:

    bonoturistico

    As persoas interesadas que desexen optar ao Bono turístico #QuedamosenGalicia21 deberán presentar a súa solicitude a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/portada co formulario TU985D

    prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o día 1 de novembro de 2021 (incluído).

    Comentarios