CARNÉ XOVE: NOVAS ADHESIÓNS NO SECTOR DO TRANSPORTE DE AUTOBÚS

A Consellería de Política Social, dentro da súa estratexia de fomento de novas adhesións de establecementos ao Carné Xove para sumar novas vantaxes para a mocidade usuaria, conseguiu a anexión a este programa das entidades concesionarias dos servizos de transporte interior de autobús en Galicia. Consulta no seguinte enlace as entidades adheridas, as liñas de transporte e os descontos e condicións aplicables para as persoas titulares do Carné xove. http://xuventude.xunta.es/images/Transporte_Autobús

Comentarios