Tecnofeministas: cinco voces para construír igualdade dende as redes

 



A área de Igualdade da Deputación da Coruña difunde o vídeo e a guía didáctica "Tecnofeministas: cinco voces para construír igualdade dende as redes", uns materiais que quere animar á mocidade a se converter no motor do cambio social contra o machismo.

A iniciativa quere apostar pola mocidade coma protagonista do cambio, facilitando referentes e ferramentas para a creación de discursos alternativos a favor da igualdade de xénero.

Con este obxectivo, o programa contou coa colaboración de Vanesa Castro, de Für Alle Fälle;  Lourdes Pérez Indavereadeseñadora de videoxogos;  Sonia Méndez, directora do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay;  Laura Tabarésinvestigadora, artista e memeira;  e Ana Moreiras, profesora de tecnoloxía e autora de "Madia Leva".

O vídeo vai acompañado dunha guía didáctica para o profesorado, co fin de servir de apoio no visionado e a dinamización da actividade posterior, e un taboleiro online para que poidan ampliar o contido e mesmo partillar as súas creación.

Comentarios