Probas de Acceso a Formación Profesional
A ConsellerÃa de Cultura, Educación e Universidades ven de publicar Orde do 17 de decembro de 2021 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).
As probas de acceso aos ciclos formativos de Grao Medio teñen por finalidade permitir ás persoas que non posúan o tÃtulo de graduado en educación secundaria obrigatoria nin un tÃtulo profesional básico, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso, continuar a súa formación accedendo aos ciclos formativos de formación profesional de grao medio, nunhas condicións suficientes para cursaren con aproveitamento estas ensinanzas.
As probas de acceso aos ciclos
formativos de grao superior teñen por finalidade permitir ás persoas que
non posúan o tÃtulo de bacharelato nin un tÃtulo de técnico
de formación profesional, nin outros estudos equivalentes para os
efectos de acceso, a posibilidade
de continuar formándose en ciclos
de formación profesional de grao superior, coa madureza e a idoneidade
suficientes para cursaren con aproveitamento estas ensinanzas.
Información e orientación sobre as probas de acceso:
Todos os institutos de educación secundaria que impartan ciclos formativos de formación profesional e os centros integrados de formación profesional deberán ofrecer ás persoas interesadas información e orientación sobre estas ensinanzas, asà como sobre o procedemento de inscrición e desenvolvemento das probas de acceso.
Proba de acceso ao Grao Medio, requisitos das persoas participantes:
Poderán
participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as
persoasque non cumpran os requisitos académicos exixidos para accederen a
eles e teñan dezaseteanos ou os fagan no ano natural de realización da
proba.
Proba de acceso ao Grao Superior, requisitos das persoas participantes:
Poderán
participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as
persoasque non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a
eles e teñandezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba.
Prazos de presentación de solicitudes:
- Probas de acceso a ciclos formativos de Grao Medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os dÃas 3 e 16 de marzo de 2022, ambos os dous incluÃdos.
- Probas de acceso a ciclos formativos de Grao Superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os dÃas 31 de xaneiro e 11 de febreiro de 2022, ambos os dous incluÃdos.
Máis información en edu.xunta.gal/fp
Comentarios
Publicar un comentario