Tecnólog@ por un día

 



TECNÓLOG@ POR UN DÍA



A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia lanzou unha nova edición do Programa Tecnólog@ que ofrece más de 50 prazas ao alumnado de 12 a 17 anos a oportunidade de compartir unha xornada de traballo nunha empresa tecnolóxica durante un día.

O seu obxectivo é continuar mellorando a visión que a mocidade ten das profesións científico-tecnolóxicas.

Ata o 1 de Abril, o persoal docente pode inscribir ao alumnado interesado en participar na actividade.

O desenvolvemento da actividade será do 18 de abril ao 27 de maio.

Se precisades de máis información, podedes consultala na seguinte ligazón:
https://digitalent.xunta.gal/gl/iniciativa/tecn%C3%B3log-por-un-d%C3%ADa-6%C2%AA-edici%C3%B3n

Ligazón á noticia: http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/22825-tecnolog-por-un-dia

Comentarios