SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DE ACCIÓN VOLUNTARIA

 



SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DE ACCIÓN VOLUNTARIA

A Consellería de Política Social convoca subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria para o fomento e a realización de actividades de voluntariado durante o ano 2022 nas áreas de sensibilización, formación e coordinación.

Os/As beneficiarios/as serán as entidades de acción voluntaria de carácter privado de Galicia que realicen proxectos de voluntariado durante o ano 2022, dende o 1 de xaneiro ata o 31 de outubro e que se desenvolvan dentro das áreas de intervención que prevé a Estratexia de acción voluntaria 2016-2018.

Os requisitos son os seguintes:
  • Que as entidades de acción voluntaria de carácter privado estean legalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

  • Ter sede permanente ou domicilio social en Galicia e desenvolver os programas subvencionables na Comunidade Autónoma galega a través de voluntarios ou voluntarias.

  • Ter debidamente contratados todos os seguros de responsabilidade civil e de accidentes de todas as persoas voluntarias que participen no proxecto presentado, durante todo o tempo de execución deste.
As solicitudes presentaranse en http://sede.xunta.es co procedemento BS508B

prazo para a presentación das solicitudes estará aberto ata o 6 de xuño de 2022.

Para máis información consulte a seguinte ligazón á noticia: Xuventude - Subvencións a entidades de acción voluntarias


Comentarios