En 2022 vémonos

 


A quinta edición do Congreso XoveTIC organizado polo Centro de Investigación (CITIC) da Universidade da Coruña xa ten aberto o prazo de recepción de presentacións (abstracts) de proxectos.

O lema desta edición será En 2022 vémonos, pois tras dous anos de celebración virtual, o congreso retoma o formato presencial das primeiras edicións.

Trátase dunha destacada e referencial cita para mostrar e reivindicar o talento tecnolóxico das novas xeracións de investigadoras e investigadores. Celebrarase o vindeiro mes de outubro, os días 5 e 6.

O prazo de recepción de abstracts estará aberto ata o próximo 10 de xuño.

As contribucións presentadas ao congreso poderán ser orixinais ou traballos adaptados xa presentados noutros foros, e todos os traballos que se acepten serán publicados nun libro de actas. Entre todas as comunicacións orais presentadas, concederanse cinco premios de 300 euros cada un ás mellor valoradas por parte do Comité Científico, atendendo á súa calidade, excelencia e orixinalidade.

Máis información: https://xovetic.citic.udc.es/

Comentarios