Prazas libres no Plan de formación de Xuventude e Voluntariado

 

 


 

 

Aínda podes participar no Plan de formación de Xuventude e Voluntariado.

Esta iniciativa inclue un total de 37 cursos presenciais e 20 en liña orientados á formación básica e en ámbitos específicos da acción voluntaria, que permitirán complementar o currículo dos técnicos de xuventude e profesionais do tempo libre, así como ofrecer alternativas formativas á mocidade en xeral desde o eido da educación non formal.

A ampla oferta formativa ofrece contidos en temas de actualidade e de interese para a mocidade como as habilidades para a empregabilidade e o liderado, recursos para o emprendemento no rural, educación emocional, a dixitalización, recursos para un ocio inclusivo, formación en actividades náuticas, eSports, deseño 3D, robótica, temas audiovisuais, condución segura, etc.

No ámbito da acción voluntaria, tamén se ofrece formación específica nas seguintes áreas: ambiental, interxeracional, educación, igualdade, acción social, linguaxe LSE, emerxencias e nocións sobre a correcta solicitude e presentación das subvencións de voluntariado.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata cubrir as prazas ofertadas en cada un dos cursos.

Máis información

Comentarios