Desconto en Disney co Carné Xove

 



Disneyland París ofrece desconto aos usuarios con Carné Xove nos diferentes tipos de entradas dispoñibles (tarifa Eco, Low, Medium, Medium Plus, Regular ou Peak).

 

Toda a información sobre as opcións de desconto, así como sobre a compra de entradas, pódese consultar na seguinte páxina web: https://cartejeunes.fr/disneyland-paris/

 

Para poder comprar as entradas, as persoas usuarias do Carné Xove non francesas que xa teñan conta no sitio web deberán, simplemente, acceder á súa conta coas súas credenciais e engadir ao carriño as entradas. Se o usuario non está rexistrado na web, basta con que envíe un email a info@cartejeunes.fr co asunto "rexistro na web", xuntando unha foto do seu carné xove, ou ben indicando Nome, Apelidos e o nº EYCA, e recibirán un correo de volta coas credenciais. (Importante: Cando un usuario do carné teña a tarxeta de modalidade financeira, por favor, teña coidado e tape o nº da tarxeta por seguridade).

Comentarios