Discover EU! Bono viaxe para descubrir Europa

DiscoverEU é unha acción do programa Erasmus+ que che ofrece a oportunidade de descubrir Europa a través de experiencias de aprendizaxe. Desprazándote principalmente en tren (hai excepcións para as persoas que viven en illas ou en zonas remotas), descubrirás as impresionantes paisaxes de Europa e a súa gran variedade de pobos e cidades. Podes presentar a túa candidatura nas dúas edicións que se organizan cada ano. As candidaturas seleccionadas obteñen un bono de viaxe.

Os participantes seleccionados recibirán unha Tarxeta Europea da Mocidade de DiscoverEU que lles permitirá obter descontos en visitas culturais, actividades de aprendizaxe, actividades deportivas, transporte local, aloxamento, comida, etc.

A próxima rolda de candidaturas terá lugar desde o mércores 15 de marzo de 2023 ás 12.00 horas ata o mércores 29 de marzo de 2023 ás 12.00 horas.

Requisitos 
Participantes nacidos entre o 1 de xullo de 2004 e o 30 de xuño de 2005 Presentar o formulario de candidatura en liña cun número de documento de identidade, pasaporte ou tarxeta de residencia legal válido Cidadán ou residente legal dun dos seguintes países: 
— un dos Estados membros da Unión Europea, incluídos os países e territorios de ultramar (PTU), ou — un dos terceiros países asociados ao programa Erasmus+: Islandia, Liechtenstein, Macedonia do Norte, Noruega, Serbia e Turquía. 

Comentarios