Feira virtual de Traballo de Verán EURES 2023

 

Es un mozo europeo disposto a traballar en entretemento, baile, actuación, fitness, deportes ou actividades de lecer con nenos? Tes formación ou experiencia en turismo, hostalería ou restauración? Buscas algo de experiencia no estranxeiro?

Aproveita o verán con EURES, está de volta este ano! Xuntos, o noso obxectivo é poñer aos solicitantes de emprego de todos os países da UE/EEE en contacto con empregadores do sur de Europa que buscan persoal motivado con diferentes coñecementos lingüísticos e antecedentes, disposto a traballar durante a tempada de verán de 2023.

Que farás durante o evento?

- Seguir as presentacións sobre oportunidades e condicións de traballo e prácticas que se ofrecen, así como sobre a vida e o traballo no sector do turismo, en países específicos do sur de Europa
- Obter consellos de primeira man sobre que considerar ao aceptar un traballo de tempada no estranxeiro , de persoas que pasaron pola experiencia
- Ser convidado/a a unha ou máis entrevistas en liña
- Obter asesoramento personalizado do persoal de EURES sobre as condicións de vida e de traballo en Croacia, Chipre, Francia, Grecia, Italia, Malta, Portugal, Eslovenia e España

Más información en http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/25002-feira-virtual-de-traballo-de-veran-eures-2023

Comentarios