Digochiño


 

A CRTVG estrea nova canle en YouTube Kids, dedicada aos máis pequenos da casa e onde xa é posible atopar os vídeos de ‘Digochiño’, a mascota do #DígochoEu, que están tamén dispoñibles na súa propia web, digochiño.gal.

YouTube Kids é unha plataforma de vídeos que ofrece unha experiencia en liña máis segura para os menores, cunha contorna máis controlada para que estes poidan navegar por si mesmos facilmente. Ademais, axuda a pais e coidadores a guialos nesta aventura no eido dixital. Esta nova proposta súmase á estreada pola CRTVG este mesmo mes de marzo: a web digochiño.gal, dedicada ao raposo branco e azul que cada sábado fomenta na G2, xunto a Esther Estévez, o uso do galego entre os cativos da casa.

Tanto a web coma a canle en YouTube Kids, son un contedor dos vídeos con todas as conversas entre o raposiño e a xornalista en que, entre outros temas, falan de ecoloxía, feminismo, expresións tipicamente galegas ou cuestións cotiás, incorporando tamén cancións, que son as que máis están triunfando nos primeiros pasos de Digochiño en YouTube Kids.

En Youtube: https://www.youtube.com/@digochino
Na rede: https://xn--digochio-j3a.gal/

Comentarios