Premio de Fotografía da Fundación Enaire


 Fundación ENAIRE presenta a 16ª edición do Premio de Fotografía, un galardón co que queren descubrir e recoñecer o traballo de artistas cuxas obras nunca fosen premiadas en ningún outro certame.

A temática do concurso é libre co fin de que calquera persoa interesada poida desenvolver todo o seu potencial e dar renda solta á súa creatividade e coñecementos técnicos.

O Premio de Fotografía divídese en dúas fases: fase dixital e fase material.
As fotografías que opten ao premio deberán presentarse en soporte dixital ata o 21 de marzo de 2023 a través da ficha de inscrición que Fundación ENAIRE ten habilitada na súa web.

De todas as obras presentadas, o xurado preseleccionará 30 fotografías que deberán presentarse fisicamente do 3 ao 5 de maio de 2023. No caso daqueles artistas que deban producir a súa obra para presentala á fase material do premio, Fundación ENAIRE colaborará na produción desta, asumindo o 50% do custo total do devandito proceso (ata un máximo de 500 euros por fotografía). Cada participante poderá presentar un máximo de tres fotografas. Só unha delas poderá resultar premiada, mentres que as outras dúas poderán resultar finalistas.

De entre as 30 obras presentadas nesta segunda fase, o xurado fallará as tres obras premiadas, así como as 14 fotografías finalistas e unha Mención Especial de PHotoESPAÑA, que participarán nunha exposición colectiva do 31 de maio ao 3 de setembro de 2023 no Real Xardín Botánico de Madrid, no marco da inauguración oficial de PHotoESPAÑA 2023.

Os premios establecidos son:
12.000 euros para o primeiro premio.
8.000 euros para o segundo.
5.000 euros para o terceiro.
Ademais, estas obras pasarán a formar parte da Colección da Fundación ENAIRE de Arte Contemporánea.

Como novidade, este ano outorgarase un Premio do Público que se votará a través das redes sociais (Instagram) de Fundación ENAIRE.

https://fundacionenaire.es/bases23/fotografia.pdf

Comentarios