Queres ser Socorrista?



 A Academia Galega de Seguridade Pública convoca cursos de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en instalacións acuáticas (CAFDO-IA) e en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN).

Obxectivos: Obter a formación necesaria para a inscrición no rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia.
Lugar: Os cursos convocados realizaranse na Academia Galega de Seguridade Pública (r/ Cultura, s/n, A Estrada, Pontevedra)
Destinatarios/as: Persoas interesadas na inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia
Inscricións: http://agasp.xunta.gal

O prazo de inscrición estará aberto ata o 23 de marzo de 2023
Máis información no DOG do 16 de marzo de 2023 e en http://agasp.xunta.gal

Comentarios