OBXECTIVO:
Concurso dirixido a mozos/as entre 14 e 21 anos para desenvolver proxectos que xeren un impacto social positivo, abordando problemas específicos da súa contorna. Busca fomentar competencias como dixitalización, liderado, emprendemento, traballo en equipo, creatividade, igualdade, etc.
PRAZO DE INSCRICIÓN:
Ata o 21 de febreiro de 2025.
PARTICIPANTES:
Mozos/as nacidos entre 2004 e 2011, en equipos de 5 a 10 membros. Deberán estar supervisados por 1 ou 2 titores/as e vinculados a un centro educativo, asociación ou entidade con personalidade xurídica propia.
TRABALLO A REALIZAR:
Os equipos presentarán un proxecto que resolva ou mellore un problema social próximo. Contarán con material formativo e mentoring personalizado na segunda fase.
PREMIOS:
- 2 premios de 5.000€ para poñer en marcha os proxectos gañadores.
- Tarxetas regalo de 100€ para cada integrante dos equipos gañadores.
- Tablets para os titores/as dos equipos gañadores.
- Mencións especiais: Tarxetas regalo de 50€ e bonos para hoteis ILUNION para tres equipos finalistas.
ÁMBITO:
Concurso estatal en España para centros educativos, asociacións e entidades dirixidas á mocidade.
Comentarios
Publicar un comentario