GALA YOUTUBEIRAS+

 


GALA YOUTUBEIRAS+ Fachenda ao cadrado

O sábado 1 de febreiro de 2025 terá lugar a entrega dos Premios Youtubeiras+ 2024.

A gala será no Pazo da Cultura de Narón, estará presentada por Javi Sánchez Castro (Meiga-i) e contará coa actuación musical de De Ninghures. Nesta edición, a Gala de entrega de premios estará precedida por diversas actividades, como un Fiadeiro Dixital da man de Toxío, para dar a coñecer o que se está a facer en galego na Rede e un aperitivo previo á gala con directo nas redes, guiado por Gabri Fuentes. Haberá interpretación en lingua de signos.

Para asistir podes retirar entrada gratuíta no propio Pazo da Cultura, vía telefónica no 981 102 897, de luns a sábado, de 09.30-14.00 e de 17.30-20.30, ou a través de taquilla.pazo@naron.gal.

Para facilitar a asistencia, crearon unha folla para facilitar compartir vehículo e tamén fretan un autobús gratuíto desde Santiago de Compostela.

Aquí podes ver os vídeos presentados nesta edición de Youtubeiras+ https://youtubeiras.gal/votacion-premio-do-publico-2024/ 

https://youtubeiras.gal/gala-youtubeiras-2024/ 




Comentarios