Galiciencia 2025

 



Descubre a ciencia dunha forma divertida e accesible en Galiciencia, a feira científica máis grande de Galicia desde 2006. Aberta a todos os públicos, especialmente a estudantes de Primaria, Secundaria, Bacharelato e FP, Galiciencia ofrece un certame cheo de charlas, talleres, concursos e actividades.

temática da edición de 2025 é Neurociencia e saúde mental.

Onde y cando?

Parque Tecnolóxico de Galicia en San Cibrao das Viñas, Ourense.

Durante 3 días (14, 15 e 16 de maio).

Como participo en Galiciencia?

Os centros educativos teredes que seleccionar como máximo dous proxectos para presentarvos á Galiciencia de forma presencial e sen límite de proxectos para presentarvos á Galiciencia online.

PASO 1: Escolle o tema.

Podes facer un proxecto sobre un tema que che interesa, sobre algo que acabas de descubrir, un tema que liches na prensa... pero o máis importante é que sexa factible. Fai unha maqueta, un estudo de campo ou o que se che ocorra. Iso si ¡desfruta!

PASO 2: Tema escollido. (Parte 1)

  • Documéntate e comproba que xa non está feito.
  • Formula unha hipótese ou un obxecto tecnolóxico a deseñar.
  • Deseño experimental – Desenvolvemento dun prototipo.
PASO 3: Tema escollido. (Parte 2)
  • Recollida de resultados.
  • Conclusións.
  • Bibliografía.
PASO 4: Presentación.
  • Tedes que gravar un vídeo en formato horizontal de máximo 1 minuto de duración.
  • O importante do vídeo non é tanto a calidade da imaxe como a defensa oral e a capacidade de síntese.
  • Unha vez gravado súbeo a Youtube e envía o enlace a través do formulario de inscrición.
  • Envía un PDF do teu proxecto.
  • No formulario tes un botón para descargar o documento de axuda. Como preparar un bo pdf? (Só para Secundaria/Bacharelato).

Outros concursos asociados a Galiciencia:

1. Concurso deseño camiseta.

  • O concurso está aberto a todo o alumnado de primaria dos centros educativos de Galicia.
  • Os deseños deben ter como punto de referencia calquera obxecto ou contorna relacionada coa temática referencia desta edición: Neurociencia e saúde mental.
  • O prazo de presentación dos deseños é desde o 27 de xaneiro ata o 17 de marzo de 2025.
  • Todos os participantes que desexen formar parte deste concurso deberán enviar un mail cos deseños escaneados ou ben presentar os orixinais na recepción do Parque Tecnolóxico de Galicia.
2. Concurso Fotografía.

  • O concurso está aberto a todo o alumnado e profesorado de Secundaria, Bacharelato e FP dos centros educativos de toda España.
  • As fotografías deben ter como punto de referencia calquera obxecto ou contorna relacionada coa temática referencia desta edición: Neurociencia e saúde mental.
  • O prazo de presentación das fotografías é desde o27 de xaneiro ata o 21 de abril de 2025.
Todos os participantes que desexen tomar parte neste concurso deberán:
  • Seguir o Instagram de Galiciencia.
  • Subir as súas fotografías a través da rede social Instagram etiquetando a Galiciencia co hashtag (etiqueta) #concursogalicienciaonline2025


Comentarios