Subvencións para proxectos de voluntariado xuvenil 2025 en Galicia
A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude, abriu unha nova convocatoria de subvencións dirixida a apoiar proxectos de voluntariado organizados por entidades de acción voluntaria e entidades locais. Estas accións realizaranse entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 2025.
📌 Que proxectos son subvencionables?
Os proxectos deben estar enfocados á participación de persoas mozas de entre 16 e 30 anos (con autorización no caso de menores de 18 anos) e desenvolveranse no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Duración dos proxectos: entre 15 e 60 días con xornadas diarias de 6 horas.
Ámbitos prioritarios das actividades:
- Camiño de Santiago.
- Recuperación da cultura, arte e tradicións galegas.
- Apoio a colectivos en situación de risco.
- Actividades xuvenís.
- Accións ambientais.
- Igualdade de xénero e prevención da violencia de xénero.
- Accións no ámbito familiar.
- Posta en valor do medio rural.
- Benestar das persoas maiores.
✅ Requisitos principais
- As entidades deben estar legalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.
- Os proxectos deberán realizarse con persoas voluntarias.
- Contar cos seguros necesarios (responsabilidade civil e accidentes) para as persoas participantes.
🗓️ Prazo e presentación de solicitudes
- O prazo está aberto ata o 17 de febreiro de 2025.
- As solicitudes deben tramitarse a través da sede electrónica da Xunta: http://sede.xunta.es co código BS320A.
Comentarios
Publicar un comentario