That's Entertainment. Curso en liña de moda e cinema

 



O Centro Galego de Artes da Imaxe organiza o curso en liña That's Entertainment. Moda e cinema do 26 de febreiro de 2025 ao 13 de marzo de 2025.

A sétima arte e a moda viviron, desde as súas orixes, en constante e sorprendente interacción. Xa en 1931, Coco Chanel sentenciaba: “É mediante o cinema que hoxe pode impoñerse a moda”. As películas, polo tanto, serviron para a construción de tendencias e iconas fashion, pero tamén nos permitiron indagar, en cada momento, acerca de ideas como a modernidade, os estereotipos de xénero ou o sex appeal.

Mulleres como Katherine Hepburn, Marlene Dietrich ou Marilyn Monroe fan posible, máis alá da mitomanía, explorar a sociedade da súa época e abordar temas como a evolución do papel social da muller ou a importancia dos movementos de emancipación que, inevitablemente, atopan o seu espello tanto na gran pantalla coma nas pasarelas de moda.

A creación do vestiario e das películas precisa da participación de profesionais da dirección, da actuación, da costura e do deseño. Todos estes traballadores e traballadoras da industria do cinema contribuíron a articular unha estética que se trasladou á vida cotiá e que foi obxecto de admiración e emulación ata o día de hoxe por parte das persoas de a pé.

Datas: 26 Febreiro 2025 - 13 Marzo 2025
Horario: De 19:00 a 20:30 h
Modalidade: En liña
Coordinación: Virginia Villar
Dirección: Blanca Paula Rodríguez Garabatos
Prazas: 100
Matrícula: 30 €

prazo de inscrición está aberto ata o 24 de febreiro de 2025. As persoas interesadas poden enviar unha mensaxe electrónica a cgac.educacion@xunta.gal, onde deberán indicar o seu nome e apelidos, DNI, estudos, área de traballo ou interese, un enderezo de correo electrónico e un teléfono de contacto.
Unha vez que se acepte a solicitude, as persoas rexistradas recibirán información sobre como deben realizar o pago e sobre como poden conectarse ás sesións en liña.

Programa
26 febreiro: Construcións da feminidade: de Clara Bow a Gloria Swanson
27 febreiro: Mulleres no altar da moda: Davis, Dietrich, Crawford…
5 marzo: Sexo e guerras: Hepburn, Hayworth
6 marzo: Amas de casa, mozas gacela e sex appeal: Doris Day, Audrey Hepburn, Marilyn Monroe
13 marzo: Ser ou non ser... loura: a hora de Alfred Hitchcock

Comentarios