Programa de axudas á emancipación da mocidade Bono emancípate
- Ter menos de 36 anos de idade.
- Dispoñer de unha fonte regular de ingresos na data da solicitude.
- Ser titular na Comunidade Autónoma de Galicia, en calidade de persoa arrendataria, dun contrato de alugamento de vivenda que teña unha duración mínima dun ano, ou ter subscrito como adquirente unha escritura pública de compravenda dunha vivenda.
A contía total da axuda é de 1.500 € para as persoas mozas que, reunindo os requisitos establecidos nestas bases, soliciten a axuda na súa condición de arrendatarias dunha vivenda diferente da dos/das seus/súas proxenitores/as, e de 3.000 € para as que teñan adquirido unha vivenda en propiedade, con posterioridade ao 31 de maio de 2024 e en todo caso antes da data de remate do prazo de solicitudes.
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día 6 de febreiro de 2025 e estará aberto ata o día 30 de abril de 2025, ambos incluídos, salvo que se produza con anterioridade o esgotamento do crédito orzamentario dispoñible.
As solicitudes tramitaranse na sede electrónica da Xunta de Galicia co procedemento CT501B.
Máis información no DOG do 28 de xaneiro de 2025
Comentarios
Publicar un comentario