CURSO DE DIRECTOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE EN NEDA
A ESCOLA DE TEMPO LIBRE NÉBOA convoca unha nova edición do CURSO DE DIRECTOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE, unha formación imprescindible para quen quere dar un paso máis na súa traxectoria no ámbito da educación e animación no tempo libre.
DATAS E HORARIO
📅 Do 15 de febreiro ao 17 de maio de 2025
REQUISITOS
Para poder acceder a este curso, é necesario cumprir os seguintes requisitos:
Estar en posesión do título de monitor/a de actividades de tempo libre.
Posuír, polo menos, un título de ensino secundario.
Acreditar experiencia como:
Monitor/a no campo da educación/animación no tempo libre (alomenos 250 horas).
Integrante do equipo de animación en colonias ou campamentos (alomenos 30 días), despois de obter o título de monitor/a.
LUGAR DE IMPARTICIÓN
📍 Local da Escola de Tempo Libre Néboa
Muchiqueira 24, Mourela
15510, Neda
MÁIS INFORMACIÓN
📞 Teléfonos: 981 347 690 / 669 111 18 / 646 156 421
📧 Correo electrónico: escola@neboa.org
POR QUE FAER ESTE CURSO?
Este curso é unha oportunidade única para:
Ampliar as túas competencias no ámbito da dirección e xestión de actividades de tempo libre.
Aprender a coordinar equipos e proxectos educativos.
Desenvolver habilidades de planificación, organización e liderado.
NON O PENSES MÁIS E APÚNTATE!
Se tes vocación pola educación no tempo libre e queres dar un paso adiante na túa carreira profesional, este é o teu momento. Forma parte da Escola Néboa e convértete en director/a de actividades de tempo libre.
📢 Contacta con nós e reserva a túa praza!
Comentarios
Publicar un comentario