Premios á xuventude emprendedora europea

 

A Comisión Europea abriu o prazo de presentación de candidaturas para os Premios á Xuventude Emprendedora Europea.

As persoas creadoras ou propietarias de pequenas e medianas empresas que teñan entre 18 e 40 anos poderán enviar as súas propostas ata o próximo 14 de marzo a través deste formulario. O Executivo comunitario anima aos candidatos/as a apostar por proxectos que se axusten ás prioridades da Unión Europea, como a sustentabilidade, a transformación dixital e o impacto social positivo.

Os/as dez finalistas poderán presentar as súas propostas ante líderes de diferentes industrias, responsables políticos e potenciais investidores de toda Europa nun concurso de pitching empresarial que se celebrará o próximo 5 de xuño na cidade polaca de Rzeszów con motivo do Día Europeo da Industria. Todos eles recibirán, ademais, apoio a medida por un valor de ata 20.000 euros en forma de mentoría por parte de expertos empresariais, acceso a redes de negocio e ferramentas prácticas para axudalos a materializar as súas ideas e acadar o éxito a longo prazo.

Beneficios da participación:

-Foco exclusivo dos medios: Obtén unha visibilidade inigualable cunha cobertura mediática dedicada que destaca a túa viaxe emprendedora, logros e ideas innovadoras, conectándote cunha audiencia global.

-Oportunidades de networking: Participa nos Días da Industria da UE e na Asemblea das Pemes, os principais eventos da industria de Europa, onde os finalistas obterán oportunidades de traballo en rede inestimables, aprenderán dos líderes do sector e participarán en debates colaborativos para impulsar a innovación.

-Paquete de formación e incubación transformadora: Cada un dos 10 finalistas recibirá un adestramento personalizado de pre-incubación/aceleración por un valor de ata 20.000 €. Isto inclúe un adestramento experto en habilidades de lanzamento e presentación, que lles permite perfeccionar as súas ideas e estratexias.

-Patrocinio de viaxes: Os organizadores xestionarán e cubrirán todos os arranxos de viaxe, garantindo que cinco finalistas poidan centrarse plenamente nas súas presentacións e na participación no evento de pitching e na cerimonia de entrega de premios sen preocupacións loxísticas.

Comentarios